A
miña historia
de vida foi complicada (como a de moitas persoas) e iso me fai pensar
no momento presente, tratar de ser consciente do agora (digo tratar
porque é moi
difícil estar/ser ao minuto/no momento presente). Por nada do mundo
volvía eu ao pasado, teño
o presente: trato de que sexa consciente e coherente, o mais posible
co meu pensar, é
difícil, pero trato de facelo así.
A
vida me vai construíndo e eu me vou re-construíndo, segura de que
podo crear andamios, vigas e fachadas que me den consistencia e
apoio. Un dos alicerces da miña
historia foi o descubrimento da arte, das artes plásticas, da
pintura ... e iso
é algo que
quero compartir, porque sei que as artes teñen
unha cualidade netamente humana que
pode axudar a dar sentido ao estar/ser.
Por
isto, cando teño
a oportunidade de dar un taller especial, como un taller de arte +
emoción, no Centro de Información á
Muller, da man de Atalaia Social, e compartir a miña
experiencia de
vida con persoas que, coma min, avanzan deixando atrás un pasado que
doe;
sinto
que me fan un agasallo, que me volven a un presente xeneroso no que
hai moito por facer...
Foi unha tarde divertida e cálida, agradecida :)
https://www.facebook.com/AtalaiaSocial/
Ningún comentario:
Publicar un comentario