Cando facemos turismo visitamos o
centro das cidades, a zona histórica ou aquelas zonas con novas e espectaculares
edificacións... visitas os barrios cando viaxas?
Vives nun barrio ou no centro/ zona histórica? Construímos a cidade
da mesma maneira en tódalas zonas ou establecemos diferencias? Como
é a zona na que vives?
Neste exercicio pintamos a impresión que deixou en nós a cidade, os nosos paseos polo barrio;
deixámonos levar polo observado estas últimas semanas para
traballar co pincel e a pintura libremente, con total liberdade.
Paula, a cidade e os ocos da cidade
Xoel, debuxa a árbore que vimos nos nosos paseos e curiosamente ten forma de corazón
Uli, pinta a costa da cidade, barrio con mar
Lauri, unha casa grande sobre rosa
Carlota, cidade e mais cidade
Angel, fixádevos que pinta un edificio en primeiro plano :)
Martín , debuxa as persoas na cidade
Sandra, cidade que escapa do límite
Esta liberdade á hora de pintar
móstranos os avances de cada un/unha deles, os medos que aínda
quedan por superar nalgúns, así como, os distintos intereses e
miradas sobre o mesmo tema.
Ningún comentario:
Publicar un comentario