Un
grupiño de alumn@s do tallerdepolo rematamos o ano 2015 de excursión
ao Castelo de Maceda, onde Pilar Cristobo inaugurou unha fermosa
exposición coa súa obra pictórica.
Fumos ver a expo, felicitar á
artista (compañeira/alumna do taller) e compartir con ela paisaxes como San Pedro de Rocas, o Santuario das Milagres, o propio castelo, termas, ... e unha super interesante visita á cerámica de Niñodaguía onde o oleiro Agustín nos contou da historia desta cerámica tradicional que está a piques de desaparecer, unha verdadeira mágoa.
Esperabamos ver algunhas das pinturas de Moncho Borrajo, na Estación de Ferrocarril de Baños de Molgas, pero quedamos coas ganas; a cambio numerosos obxectos, vestiario das súas xiras teatrais, e curiosidades dese intenso mundo das artes escénicas...
Coñecemos así, en primeira
persoa, eses recunchos que Pilar nos vai mostrando nos seus lenzos.
Facemos tamén por coñecernos un pouco máis; compañeiros de pintura xa fai anos que compartimos o gusto polas artes, as paisaxes, a cor, a
luz... a boa comida ;)
Unha boa experiencia para aprender d@s compañeiros de viaxe, coñecerse e descubrir lugares novos (ou repetir cunha nova mirada), falar de pintura, comida, gustos e aficións,... ou o que cadre...
únete para a próxima!! :)
http://www.edu.xunta.es/centros/cpijosegarciaourense/node/441
Ningún comentario:
Publicar un comentario