ao
final o tema Torre de Babel gustou moito e fixemos de novo outra
serie de obras de mail-art para enviar a convocatoria de arte postal;
despois
de mirar a información básica sobre historias de posibles Babeles
no mundo, comentar o que cada unha coñecía sobre o tema ...
decidimos facer entre todxs unha torre ... para eso tiñamos que
coller cada unha un número de pezas de madeira; logo a cada
participante lle tocou un rol para xogar; autoritaria, pasota,
tímida, conciliadora.... e tivemos que construír desta maneira
unha torre o máis alta posible entre todxs.
esta é un simulacro, fixemos unha torre máis complexa e con tódalas pezas... e non sacamos foto porque estabamos moi ocupadxs construíndo
e aqui van unhas pedazo-torres sólidas-sólidas :)
torre vexetal de Marisé
Torre desértica de Inés
torre floral de Carlota
torre minimalista de Saúl
torre de letras de Sandra
torre sinxela e elegante de Ángel
torre do tempo de Polo
parte de atrás cos textos de todxs...
Descubrimos
que é máis fácil destruír que construír; moito máis fácil... Construír poñéndose de acordo e respectando-nos uns aos outrxs é cousa complexa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario