tanta actividade anterior a ese paréntese do nadal, máis as festas fan que os corpos e os ánimos cheguen a picos de saturación que despois hai que ir rebaixando a modiño...
- a charla con María Fernández foi unha delicia; reveladora,moi animosa e participativa. María contou a súa experiencia de sair fóra a estudar artes con emoción e optimismo, sen deixar de compartirnos os retos e a dureza de algunhas circunstancias... foi un momento moi fermoso.
- a feira Artenadal rematou, foi unha experiencia cálida polo ambiente xeral das compañeiras e fria pola temperatura extrema do clima lucense ;)... ReciclArte e tallerdepolo quedaron satisfeitas do conxunto: graciñas xentes de Lugo pola vosa acollida!
http://reciclartetallerdepolo.blogspot.com.es/2014/12/portadas-ilustradas-reciclarte.html
- acuarelas de tallerdepolo saíron para lugares de toda galicia... graciñas!
http://tallerdepoloacuarela.blogspot.com.es/
e para descansar un pouco fun visitar o Istanbul Modern e tantear a actividade artística en Turquía, ou polo menos, nunha parte dese complexo territorio que organiza dende hai anos unha coñecida bienal de arte.
http://www.rtve.es/alacarta/videos/metropolis/metropolis-bienal-estambul-2013-1/2063407/
gustáronme video creacións de artistas como Kutlug Ataman, Sukran Moral, Ali Kazma,... en pintura chamoume a atención obra de Alaettin Aksoy ... un museo pequeno, un pouco apartado na cidade pero igualmente interesante.
http://www.sukranmoral.com/pages/home/index.html
http://en.wikipedia.org/wiki/%C3%96mer_Ali_Kazma
http://www.turkishpaintings.com/index.php?p=34&l=1&modPainters_artistDetailID=299
Rematar ca imaxen dunha ponte rota... algo que non debería pasar; romper e destruir esas ferramentas/espazos/construccións que nos permiten o encontro, a unión dos seres (tan iguais e tan diferentes). O meu desexo está posto na construcción de pontes; espazos de tránsito, de encontro, de movemento, coñecemento...
https://www.flickr.com/photos/103131093@N02/sets/72157650200925676/
Ningún comentario:
Publicar un comentario