outro curso máis vai aló!!
se fixeramos unha avaliación do curso que acabamos de rematarnon sairiamos nada mal parad@s... pero como xa é costume
tódalas alumnas e participantes nas actividades do tallerdepolo
aproban con moi boa nota, é esta unha boa costume!
Fixemos moitos traballos bos, moi bos debates, e tamén de
cando en vez festas e actividades diversas, a maioría van
aparecendo neste rexistro de memoria que é o blogue do taller.
despedida do curso!!! |
Este ano no verán non temos actividades programadas ... así que,
polo menos na Coruña, non nos veremos ata o día un de outubro
que comezaremos un novo curso co que medrar tod@s xunt@s;
con moito amor, respecto e creatividade postos en cada xornada de
traballo. Gustaríame que, como noutras ocasións me fagades
chegar as vosas suxestións sobre actividades, horarios,
posibilidades novas que se vos ocorran ...ou apetezan.
Moitas grazas a tódol@s persoas que participades dalgunha
maneira na cotidianía do taller tanto alumn@s, amig@s, modelos,
visitantes, profesor@s ocasionais, membros da rede de troco da
coruña e compañeiros de actividades varias... que facedes que esta
proposta esté viva e medre con sentidiño!
rincón da alhambra vista por Pili G. |
cristais "soñados" por Concha |
Pili C. pintando desertos... |
Carlota pinta unha ilustración atopada no xornal |
Viruca e as súas hortensias ourensanas |
Laura pintando tranquilos soños |
a máis alegre e colorista pintora do taller |
inés experimenta con papeis e cores |
Iñigo nos sorprende cos seús primeiros cadros! |
Manolo segue a practicar o seu debuxo |
Carmen e o romanticismo :) |
Gerarda nos propón un camiño aberto a moitas e boas posibilidades!!! |
Estamos e seguimos en contacto a través do email, o facebook e non deixedes de visitar este blogue!!!
tallerdepolo@hotmail.com
https://www.facebook.com/taller.depolo?ref=tn_tnmn
Cuanto artista en potencia! Así da gusto!
ResponderEliminarSty'13