luns, 25 de febreiro de 2013

en febreiro ...

Invítovos a ver algúns dos traballos que están a facer @s alumn@s do taller neste mes de febreiro. Algúns xa se ven rematados ou cáseque listos, e un par deles recién empezados; e que voltaredes a ver máis adiante cando teñan unhas "pintas" ben diferentes. 
E así vai pasando o mes de febreiro, entre óleos, acrílicos, cores, lápices... proxectos novos ilusionantes, rematando outros... vendo avances ou bloqueados e con dúbidas... pero en movemento e traballando cada semana con ilusión.

Este mes tamén un grupo de rapazas está a traballar na súa proposta de mail art para a convocatoria Roses in the world, ideada pola artista afincada na Coruña Sabela Bañas, á que enviaremos as nosas propostas en canto estén listas para compartir con todas vos!!! xa vos iremos mostrando as rosas en cuestión...
 http://sabelabaamailartypoesiavisual.blogspot.com.es/


 


 

E pronto chega marzo con promesas de mellor tempo; máis luz e máis enerxia!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario