Atención! O vindeiro curso os mércores pola tarde exploraremos toooodas (ou moitas:))) dimensións do debuxo nun completísimo curso que toca aspectos formais clásicos pero que tamén se “escapa” a camiños súper interesantes... para facelo máis completo adicaremos unha hora ao final da tarde á Fanzinería! A crear xuntas ou individualmente fanzines nos que dar conta dos nosos descubrimentos co debuxo ;)
Lembra! Os mércores de cinco a oito; intensivo de debuxo e fanzinería.
O debuxo ten moitísimas posibilidades e utilidades para todxs nós e, cada persoa pode descubrir e inventar usos axeitados aos seus gustos e ao seu momento de vida. Por suposto que o debuxo é fundamental nas artes plásticas e tamén é unha base estrutural de calquera proxecto vinculado ao deseño e artes visuais. Pero o debuxo está ligado profundamente ao desenvolvemento humano e ao pensamento; temos unha profunda conexión neuronal e cognoscitiva entre a visión do ollo, o cerebro e o camiño ata as mans.
Como non aproveitar esta conexión profunda e natural? Unha conexión coas nosas raíces, coa materialidade e a cultura que xeramos.
Chamamos debuxo ao proceso que nos permite a representación de imaxes reais ou imaxinadas mediante a realización de marcas, liñas, nunha superficie. Empregamos a nosa imaxinación, a nosa visión (ou coñecemento do que nos rodea) e a plasmamos nun soporte.
No campo da arte, do deseño e a ilustración o debuxo é a base para comunicar ideas, bosquexar e anticipar todas as variables dun proxecto complexo. Pero incluso en tódolos outros ámbitos como o científico, social ou o persoal o debuxo ten cabida e pode axudarnos a visualizar e expresar unha parte de nós e das nosas ideas. Se necesitas información polo miudo escribe a polotallerdepolo@gmail.com ou resolve no tlf. 617 293 024
Se necesitas información polo miudo escribe a polotallerdepolo@gmail.com ou resolve no tlf. 617 293 024








