domingo, 3 de xullo de 2016

exposición "Soñando a arte,experiencias plásticas no tallerdepolo", en Lugo


O último día de xuño inauguramos exposición el Lugo, de novo “Soñando a arte, experiencias plásticas no tallerdepolo” está cara ao público enmarcada no proxecto de mecenado artístico APARTE, proxecto da empresa Apetéceme
 









 
Podedes disfrutar a nosa expo na cafetería Apetéceme, que se atopa no HULA, Hospital Universitario da cidade de Lugo. Alí mesmo tivo lugar a inauguración, coincidindo cunha festa de benvida ao verán:contamos coa música do grupo West Side Bones, moitisimos canapés e pinchos, moitisima xente traballadora do hospital que se achegaron a celebrar, un grupo de amigxs do tallerdepolo desplazados para disfrutar da ocasión, unha obra colaborativa para facer entre as persoas que se animaran...e sortear unha fermosa acuarela...
























 
Aproveitamos a saída para coñecer algo máis e mellor a cidade de Lugo, que agacha (e mostra) moita historia, aprender cousas novas... gracias ao noso guía Pancho Gallego, que coñece moi ben Galicia, e fixo que a nosa visita resultara do máis interesante.
En definitiva, unha emocionante xornada chea de divertimento, nervios, novas cousas a coñecer, e momentazos a compartir... 

 


















si pasades por Lugo visitade a nosa expo!! ou agora tedes unha/outra excusa para pasarvos por esa lindisima cidade ;) 











 





Ningún comentario:

Publicar un comentario