Este
verán imos achegarnos á creación mediante o colaxe. Atentxs ao mes
de xullo porque os martes 15 e 22 abrimos o tallerdepolo para
cortar e pegar.
Que che gustaría expresar? Ou, só queres probar e facer un colaxe fermosísimo?
Pois esta é a túa oportunidade de pasar unha ou varias tardes divertidas e cheas de creatividade. Analizaremos a linguaxe formal de artistas clásicas e contemporáneas que empregan o collage e, descubrir así, a amplitude e versatilidade desta técnica. Pero sobre todo, xogaremos con imaxes propias e alleas, texturas, ideas e emocións para construír e crear outras novas, desfrutando do proceso.
Non precisas experiencia previa, só deixarte levar polas tesoiras e deixar o tempo voar.
Onde? No tallerdepolo ( Monte das Moas 17-baixo, Os Castros)
Cando? Os martes 15 e 22 de xullo, de cinco a sete.
Prezo: Dúas sesións 50 euros, unha sesión 30 euros.
Materiais incluídos. O alumnado do tallerdepolo matriculado no curso 2025-26 ten un vale gratuíto para unha das sesións.
Dirixido a persoas maiores de 10 anos
Ningún comentario:
Publicar un comentario