Páxinas

luns, 23 de xuño de 2025

COLAXE DE VERÁN

Este verán imos achegarnos á creación mediante o colaxe. Atentxs ao mes de xullo porque os martes 15 e 22 abrimos o tallerdepolo para cortar e pegar.


Que che gustaría expresar? Ou, só queres probar e facer un colaxe fermosísimo?

Pois esta é a túa oportunidade de pasar unha ou varias tardes divertidas e cheas de creatividade. Analizaremos a linguaxe formal de artistas clásicas e contemporáneas que empregan o collage e, descubrir así, a amplitude e versatilidade desta técnica. Pero sobre todo, xogaremos con imaxes propias e alleas, texturas, ideas e emocións para construír e crear outras novas, desfrutando do proceso.

Non precisas experiencia previa, só deixarte levar polas tesoiras e deixar o tempo voar. 

 

Onde? No tallerdepolo ( Monte das Moas 17-baixo, Os Castros)

Cando? Os martes 15 e 22 de xullo, de cinco a sete.

Prezo: Dúas sesións 50 euros, unha sesión 30 euros. 

Materiais incluídos. O alumnado do tallerdepolo matriculado no curso 2025-26 ten un vale gratuíto para unha das sesións.

Dirixido a persoas maiores de 10 anos

 

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario