Este
verán imos achegarnos á creación mediante o colaxe. Atentxs ao mes
de xullo porque os martes 15 e 22 abrimos o tallerdepolo para
cortar e pegar.
Que
che gustaría expresar? Ou, só queres probar e facer un colaxe
fermosísimo?
Pois
esta é a túa oportunidade de pasar unha ou
varias
tardes
divertidas
e cheas
de creatividade. Analizaremos
a linguaxe formal
de
artistas
clásicas
e contemporáneas que
empregan o collage
e,
descubrir así, a amplitude e versatilidade desta técnica. Pero
sobre todo, xogaremos con
imaxes propias e alleas, texturas,
ideas e emocións
para construír e crear outras novas, desfrutando do proceso.
Non
precisas experiencia previa, só deixarte levar polas tesoiras e
deixar o tempo voar.
Onde?
No tallerdepolo ( Monte das Moas 17-baixo, Os Castros)
Cando?
Os martes 15 e 22 de xullo, de cinco a sete.
Prezo:
Dúas sesións 50 euros, unha
sesión 30 euros.
Materiais
incluídos. O alumnado do tallerdepolo matriculado no curso 2025-26
ten un vale gratuíto para unha das sesións.
Dirixido
a persoas maiores de 10 anos