tallerdepolo

Páxinas

▼

domingo, 4 de decembro de 2016

excursión a Compostela!


O pasado día 29 de novembro en vez da clase de pintura habitual tomámonos o día pra ir de excursión a Santiago de Compostela e desfrutar dun día de relaxación e festa, coñecendo arquitecturas fermosas como a Colexiata do Sar e paseando moito pola cidade vella, aproveitando que fixo un día fabuloso de sol.
Tamén visitamos o Museo do Pobo Galego e a Catedral; tomamos moitas fotos, tomamos orella e comemos súper ben moi preto do CGAC.
Un día moi completo e moi relaxado; vimos arte, rimos moito, comemos saniño e fixemos exercicio do bon; do de pasear en boa compaña!!




tocounos a montaxe do Belén na colexiata











camiñamos moito e tomamos moitas fotos: quedei sen bateria!



 e chiscando o ollo nos despedimos ;) ... xa pensando na próxima saída de clase





tallerdepolo
Compartir

Ningún comentario:

Publicar un comentario

‹
›
Inicio
Ver versión web

polotallerdepolo@gmail.com

  • Carlota
  • tallerdepolo
Con tecnoloxía de Blogger.