Amosando publicacións coa etiqueta arteterapia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta arteterapia. Amosar todas as publicacións

mércores, 11 de marzo de 2020

O noso LAB, Laboratorio.


O Lab que empezamos este curso é tamén, como o Curso Básico, un taller mensual pero con un compromiso de periodicidade ao longo do curso escolar xa que este grupo acompaña ás participantes cara a desenvolver a súa proposta artística. 
 
“Facer camiño cara a recoñecernos como creadoras; experimentar, obter información da práctica artística e cultura visual contemporánea e desenvolver procesos creativos que nos abran o apetito a realizar a nosa obra plástica.”
 
Trátase de experimentar e desenvolver métodos e procesos creativos facilitando os descubrimentos persoais, o achegamento á Historia da Arte e as súas disciplinas. Conformando un espazo de seguridade e experimentación que xere en nós a confianza para investigar e propiciar un traballo plástico autónomo, sen pretender como obxectivo ultimo a consecución dunha obra pechada. 



Sen dubida é o taller mais emocionante e de responsabilidade para min, un espazo delicado cheo de estimulo e emoción, un agasallo de confianza que debo aproveitar. 


martes, 12 de novembro de 2019

Obradoiro de Creatividade


O pasado mércores achegámonos á pintura como posibilidade para explorar o mais íntimo. Desfrutando do proceso, pelexando e dándonos un espazo para expresar. Ver o resultado como un principio, unha posibilidade para investigar mais adiante -ou non- simplemente deixalo como experiencia e aprendizaxe.

Repetiremos experiencia en breve, estade atentas ao blog, na pestana Próximos Talleres tedes información do que está por vir.
















 Gracinhas por vir mozxs!!!
   

domingo, 25 de agosto de 2019

Hilma af Klint en veranearte maiores


No mes de Xullo tamén tivemos veranearte adultxs.
Marabillosas mulleres pintando xuntas; obxectivo pintar e xogar compartindo tempo e vivencia, coñecendo un pouco mais da Historia da Arte “mutante”, perdida e encontrada porque se vai construíndo a pasos, segundo se incorporan miradas que non se tiñan en conta.
De Hilma af Klint se nos presenta unha historia misteriosa, que no cotiá se traduce en traballo solitario naquilo que che gusta, nunha contorna pouco favorable a ti (ao teu xénero e opción de vida) e ao desenvolvemento da túa liberdade. As sociedades que construímos están cheas de obstáculos para avanzar e mellorar como seres humanos, priman conceptos macro-económicos, de consumo e de utilidade fronte á nosa necesidade de coñecemento e recoñecemento. Por iso é importante xerar espazos de encontro dando estimulo á nosa creatividade e liberdade ao tempo que compartimos aprendizaxes que nos leven a soñarnos diferentes.
O pracer de aprender e traballar xuntas, de gozar coa cor, coa musica, coas outras ... unidas nunha ofrenda a nós, pensándonos-soñándonos da mellor maneira, na mellor versión de nós. 


















Sempre agradecervos a vosa confianza e participación nos talleres  



 

venres, 19 de xullo de 2019

Ponlle Arte!


O verán é moi longo e as persoas precisamos alimento todo o ano; xa sexa ler, ou ocio interesante, conversas ou relacións que nos aporten, algo que nos encha a cabeza e o espírito.Así nace esta proposta para a mocidade, un ocio que os alimente para seguir medrando con sentidiño neste mes de agosto.
 
Obradoiro especialmente dirixido a persoas de idades comprendidas entre dez e dezanove anos, pensado como actividade creativa e formativa para o tempo de verán. Actividade facilitada por unha artista e unha terapeuta ocupacional que, en equipo, darán estimulo ás participantes para, a través da creatividade poñerse en relación con outros habitantes do barrio dende un rol distinto.

En que podemos colaborar coa comunidade? Os Castros é un barrio cheo de posibilidades: deseñar un cartel para unha asociación, unha carta para o menú de unha cafetería, sinalización das rúas... as participantes traballarán individual e colectivamente para propoñer solucións dende a creatividade e a través das artes plásticas , gráficas e narrativas. 
 
Deseñado e facilitado por Ocupacións significativas e tallerdepolo 
https://www.facebook.com/ocupacions.significativas/ 
 




Será en Agosto os días 6-7-13-14-20-21 (acadando un grupo mínimo de 5 participantes)
en horario de 11;30 a 13;30 horas, flexible
50 euros/ Materiais incluídos (desconto a irmáns e a alumnado tallerdepolo)

Inscricións no correo  polotallerdepolo@gmail.com




 


mércores, 1 de maio de 2019

ARTE+EMOCION



O obradoiro ARTE + EMOCIÓN é un taller para compartir con amor e ilusión. 
 
"A vida me vai construíndo e eu me vou re-construíndo, segura de que podo crear andamios, vigas e fachadas que me dean consistencia e apoio. Un dos alicerces da miña historia foi o descubrimento da arte, das artes plásticas, da pintura ... e iso é algo que quero compartir, porque sei que as artes teñen unha cualidade netamente humana que pode axudar a dar sentido ao estar/ser.
Por isto, cando teño a oportunidade de dar un taller especial, como un taller de Arte + Emoción, no Centro de Información á Muller, nun programa de acompañamento e coidado, e compartir a miña experiencia de vida con persoas que, coma min, avanzan deixando atrás un pasado que doe
sinto que me fan un agasallo, que me volven a un presente xeneroso no que hai moito por facer... “








Gracinhas Naiara ! 

sábado, 28 de abril de 2018

Taller de arte+emoción, no Centro de Información á Muller, da man de Atalaia Social


A miña historia de vida foi complicada (como a de moitas persoas) e iso me fai pensar no momento presente, tratar de ser consciente do agora (digo tratar porque é moi difícil estar/ser ao minuto/no momento presente). Por nada do mundo volvía eu ao pasado, teño o presente: trato de que sexa consciente e coherente, o mais posible co meu pensar, é difícil, pero trato de facelo así. 
 
A vida me vai construíndo e eu me vou re-construíndo, segura de que podo crear andamios, vigas e fachadas que me den consistencia e apoio. Un dos alicerces da miña historia foi o descubrimento da arte, das artes plásticas, da pintura ... e iso é algo que quero compartir, porque sei que as artes teñen unha cualidade netamente humana que pode axudar a dar sentido ao estar/ser. 
 
Por isto, cando teño a oportunidade de dar un taller especial, como un taller de arte + emoción, no Centro de Información á Muller, da man de Atalaia Social, e compartir a miña experiencia de vida con persoas que, coma min, avanzan deixando atrás un pasado que doe;
sinto que me fan un agasallo, que me volven a un presente xeneroso no que hai moito por facer... 

Foi unha tarde divertida e cálida, agradecida :) 

https://www.facebook.com/AtalaiaSocial/









 
 

domingo, 1 de maio de 2016

"IV Encontro para unha convivencia positiva, xestión das emocións"


Foi un pracer ser invitada a participar no “IV Encontro de Centros para unha convivencia positiva, xestión das emocións” celebrado en Pontedeume o 28-29 de abril do 2016. A idea é ofrecer ao alumnado participante no encontro (rapaces e rapazas de 12 a 16 anos) un taller onde poder explorar as súas emocións a través das artes plásticas. Por que non facelo dende o autorretrato? Dende a mirada ao noso interior? E máis nesa complexa e intensa etapa da nosa existencia, onde tantos conflitos afloran... o reto: que ninguén se bloquee ao explorar a través da linguaxe plástica!

Pode axudar a introducirnos o visionado de obras ben distintas e intensas que nos ofrezan un abano de posibilidades, tanto no emocional como na resolución técnica. Eu elixín obras de Rembrandt, Artemisia Gentileschi, F. Kahlo, Yasumasa Morimura, Polo, Bacon, Gunter Brus, Ana Mendieta, Catherine Opie e Giuseppe Penone. Tratando de facer unha mestura moi diversa e plural, que permita que todxs nos podamos identificar con algunha das obras/artistas/conflitos/... e iso facilite a exploración co lapis, as cores, collage...









 

pedinlle as persoas que ían rematando que tomaran unha foto do seu traballo e ter así este recordo duns rapaces e rapazas do máis especial: todxs eles mediadores nos seus centros de estudos, personas que procuran unha convivencia mellor e un futuro distinto... parabéns! E parabéns á organización do encontro e mestres, e outros profesionais(Atalaia social), implicadxs na mellora do día a día nos centros educativos, na mellora das vidas dos nosos mozos e mozas... do futuro.


quedaron moitos traballos sen fotografar, pero esta mostra que aqui vemos penso que fala moito de nós...

 http://www.atalaiasocial.es/index.asp

 http://www.cabanas.es/es/node/514