Compartímosvos as imaxes creadas para o fanzine aS eNCRoBaS coa ilusión de que sirvan nas loitas abertas, un material útil para dar visibilidade aos conflitos medioambientais e humanos do planeta.
Tania
Este fanzine
nace da vontade de
divulgar unha parte da historia de Galicia que é
de
novo actualidade e
se
está
a repetir en moitos lugares do planeta. Un
grupo de 14 estudantes do taller de artes plásticas tallerdepolo,
de idades comprendidas entre 5 e 50 abordan esta tarefa durante
varios meses a través dun proceso creativo colaborativo
O
extractivismo é un
modelo político
e económico
de desenvolvemento
mercantilista da
Natureza, que da
prioridade aos
beneficios para uns poucos sobre os dereitos humanos e o medio
ambiente. Foi o caso de As
Encrobas e estase agora a repetir en numerosos lugares de Galicia e
no resto do planeta provocando destrución do medio ambiente, saqueo,
violencia e migracións forzosas.
Nós
empregamos as artes plásticas, que son a nosa ferramenta de traballo
para trasladarvos a nosa
visión da historia de As Encrobas, na
que afondaron
catorce estudantes
do tallerdepolo de
idades
entre 5 e 45, nun
proceso creativo colaborativo
mesturando análise e
emoción
ao longo de
cinco meses.
Para enmarcar
este proxecto compartímosvos un anaco da
entrevista a Xosé Castro, fotografo da revolta das Encrobas, feita
por R. Castro e publicada o 18 de Febreiro 2017, en Sermos Galiza.
- Cre que as novas xeracións teñen conciencia da
importancia que tivo aquela loita?
- Creo que non teñen conciencia ningunha. Ese é o problema gordo. Parece que todo o que se fixo atrás hoxe non vale. Pero grazas a aqueles tempos e a esa xente, que puxo por diante a loita, os de agora teñen o que teñen. Ás veces para ben e ás veces para mal, pero vaia. A vida é así, tirar sempre para adiante. Pero o das Encrobas marcou o sentido de ser galegos.
- Creo que non teñen conciencia ningunha. Ese é o problema gordo. Parece que todo o que se fixo atrás hoxe non vale. Pero grazas a aqueles tempos e a esa xente, que puxo por diante a loita, os de agora teñen o que teñen. Ás veces para ben e ás veces para mal, pero vaia. A vida é así, tirar sempre para adiante. Pero o das Encrobas marcou o sentido de ser galegos.
- Que lle di aos seus netos -se os ten- sobre aquela época?
- Xa teño bisnetos. Eu explícolle todo aquilo, das mulleres principalmente. As mulleres tiveron alí toda a iniciativa. O plantexamento foi delas, elas puxéronse diante e foron as que loitaron por aquelas terras. Estaban apoiadas, é certo, por homes, maridos e fillos que había alí. Pero a loita principal foi das mulleres
- Xa teño bisnetos. Eu explícolle todo aquilo, das mulleres principalmente. As mulleres tiveron alí toda a iniciativa. O plantexamento foi delas, elas puxéronse diante e foron as que loitaron por aquelas terras. Estaban apoiadas, é certo, por homes, maridos e fillos que había alí. Pero a loita principal foi das mulleres
Carlota
Catuxa
Dipper
Laura
Participantes
peques de cinco anos de idade: Diego, Catu, Luísa
Sanchez
de sete a dez: Laura Rodríguez, Tairon, Dipper,
de dez a catorce: Noa, Tania, Brais Loost e
Paula
maiores: Carlota Ramudo,
Natalia, Sandra e Sonsoles Mosteiro.
Laura Rey Pasandín
poema para As Encrobas páxina 1,
fragmentos de poema recitado en contra da mina de Touro, O Pino nas
páxinas
19 e 22.
C-1246-2019
Luisa
Natalia
Fanzine realizado no
taller de artes plásticas tallerdepolo durante os meses de xaneiro a
maio de 2019 por estudantes de idades entre 5 e 45, ilustrando a
historia de As Encrobas. A partir do material de referencia:
-A ceo
aberto,documental de Xosé Bocixa Rei A historia que viviron e viven
veciños das Encrobas (Cerceda) desde o momento en que se propón a
extracción de carbón (1974) enterrado debaixo dun gran e fértil
val. Pretendíase, co apoio do réxime franquista, a expropiación de
terras para que Unión Fenosa explotase a mina. Tralo conflito chegou
un acordo que só foi parcialmente respectado. Trinta anos despois,
case mil persoas tiveron que abandonar o val
-Imaxes do
fotoxornalista Xosé Castro tomadas durante o proceso de expropiación
-Asunción de ti, no
dia que vin o teu retrato no xornal. Xosé Luis Linares Barbeito e
Mercedes López Otero.
-As Encrobas: esta
terra e nosa e non de Fenosa! Alfonso Eiré “Eu estiven ali”
-https://mariadasencrobas.wordpress.com/2018
-As comadres
‘Nghrobas. Emma Pedreira, II Marcha pola memoria de As Encrobas.
-Agradecer á
escritora Laura Rey Pasandín as súas visitas ao tallerdepolo,
aportándonos información, estimulo e boa enerxía.
Noa
Paula
Sandra
Tairon
Diego
Sonsoles Mosteiro
Presentación do fanzine e do proceso de elaboración no Autoban, feira de auto-edición en A Coruna e presentación do fanzine en As Encrobas, na III Marcha pola Memoria, 2019
Ningún comentario:
Publicar un comentario