Que imos facer?
Imos coñecer a obra de pintoras como Lita Cabellut, Rothko ou Monet que nos servirán de inspiración para realizar distintos traballos de pintura, debuxo, estampa e mesmo unha instalación sorprendente. Pintaremos retrato,natureza e abstracto,traballando de maneira individual e colaborativamente para sacar adiante os nosos proxectos e pasar unha semana máxica. Sairemos á rúa inspiradas no impresionismo para pintar e outro día crearemos unha obra efémera de arte urbana.
1.Achegarémonos á obra de Lita Cabellut e nela atoparemos inspiración para crear fondos interesantes con diversas técnicas para os retratos que pintaremos con pintura acrílica.
2.Coñeceremos artistas abstractos que marcaron a historia do arte como Rothko ou Piet Mondrian e basándonos na súa forma de traballo realizaremos estampa (monotipos) e obras xeométricas non figurativas con diferentes técnicas.
3.Contemplaremos e comentaremos as obras dos impresionistas que pintaron ao ``plein air´´ como Claude Monet ou Renoir. Despois camiñaremos ata o Parque de Eirís para atopar escenas da natureza nas que captar a cor coas nosas acuarelas.
4.Faremos un breve repaso pola arte urbana con artistas como Keith Haring ou outros máis actuais como Okuda San Miguel. Ese día imos facer entre todas unha obra de arte urbana efémera no parque de San Diego.
5.Imos entender o que é unha instalación observando o traballo inspirado na natureza de Claire Celeste. Adicaremos esa mañá a encher o espazo tridimensional do obradoiro de formas e cores cunha instalación na que traballaremos de xeito colaborativo.
En definitiva,vamos a aprender arte aproximándonos a grandes refrentes, pero tamén explorando técnicas e materiais para coñecer o noso propio idioma expresivo e adquirir novos recursos, sempre desde a forma máis divertida co obxectivo de pasar un verán inolvidable e cheo de creatividade.
HORARIO de 10:00 a 14:00 horas
Prezo 80 euros ( 75 euros se eres alumnx do tallerdepolo ou para irmáns)
Material incluído, se recomenda que cada peque traia a sua merendiña para media mañá, unha gorra para as saídas e roupa que se poida manchar.
Xa podes reservar a túa praza, ata o 28 de xuño enviando un correo electrónico a juliaguiarmarcos@outlook.com ou no whatsapp 634583689 (Julia)
Consúltanos calquera dúbida ou necesidade do teu peque tanto Julia como Polo estaremos encantadas de responderte e tratar de dar solución ao que te preocupe.
Feliz Verán! ;)
Ningún comentario:
Publicar un comentario