domingo, 27 de xuño de 2021

HORARIO DE XULLO

 Xa estamos inmersxs no verán! Tempo para desfrutar e facer esas actividades que tes pendentes de probar ou que non podes facer nos horarios do inverno. 

Este mes de xullo podes vir a pintar con nós! Ou darlle un impulso á túa creatividade.



Como ves hai opcións para todas as idades! 

Os luns e martes pola mañá tempo de calidade para mozas e mozos a partir de dez anos, quedan dúas prazas libres así que escríbeme canto antes e reserva o teu lugar. Empezamos o luns 5 de Xullo.

Os adultos podedes vir pintar luns e martes pola tarde ou o mércores pola mañá.

Os mais peques teñen un tempo de expresión e maxia os xoves pola mañá da man de Julia Aguiar, con propostas cheas de diversión . Aínda quedan prazas así que reserva canto antes en @atelierconjulia tlf. 634 58 36 89

E, para as persoas que estades a preparar o acceso a escolas de arte, mellorando o portfolio ou desenvolvendo algun proxecto persoal os sábados pola mañá quedan dúas prazas para traballar duro. ;) 


Vémonos este verán!

Ningún comentario:

Publicar un comentario